Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Exploratory analysis of power spectrum and functional connectivity during resting state in young binge drinkers: A MEG study

Autores: Correas, A.; Rodríguez Holguín, S.; Cuesta, P.; López-Caneda, E.; García-Moreno, L.M.; Cadaveira, F.; Maestú, F.

Ano: 2015

International Journal of Neural Systems, 25, 3 (2015) 1550008 DOI: 10.1142/S0129065715500082

Palabra clave: Alcohol, binge drinking, resting state, functional connectivity, power spectrum, magnetoencephalography

O consumo intensivo de alcohol 8CIA) é un padrón de inxesta intensivo e intermitente que se ten extendido entre os mozos e mozas nas últimas décadas. A adolescencia constitúe un período crítico na neuromaduración no cal o cerebro é particularmente sensible aos efectos do alcohol. Sen embargo, pouco se sabe acerca de cómo o CIA afecta á actividade cerebral. Este estudo pretende caracterizar a organización funcional do cerebro en mozos CIA e non CIA mediante a análise dos perfís de conectividade funcional (CF) e de potencia espectral relativa (PE) medidos mediante magnetoencefalografía (MEG) durante o estado de repouso con ollos pechados. A mostra estivo formada por 73 estudantes de primeiro curso de universidade (35 CIA e 38 controis). Os resultados amosaron que os participantes BD presentaban un decremento da CF en alfa nas rexións frontoparietais e, pola contra, unha CF incrementada nas bandas delta, theta e beta en redes frontotemporais. Xunto coas diferenzas en CF, o grupo CIA presentaba un decremento na PE no rango de alfa e un incremento da mesma no rango de theta na rexión occipital. Estas diferenzas nas medidas de CF e PE proporcionan evidencia de alteracións neurofisiolóxicas relacionadas coa neurotoxicidade do alcohol e poderían representar un signo inicial dunha actividade neural anómala causada por un padrón CIA de consumo de alcoho durante a mocidade.