Functional and structural brain connectivity of young binge drinkers: a follow-up study.
Autores: Correas, A., Cuesta, P., Lopez-Caneda, E., Rodriguez Holguin, S., Garcia-Moreno, L. M., Pineda-Pardo, J. A., Cadaveira, F., Maestu, F.
Ano: 2016
Scientific Reports, 6, 31293. DOI: 10.1038/srep31293
Páxinas: 8
A adolescencia é unha etapa de maduración cerebral en curso caracterizada por cambios xerárquicos nas redes cerebrais funcionais e estruturais. Por iso, o cerebro é, nesta etapa, particularmente vulnerable aos efectos tóxicos do alcohol. Hoxendía, o consumo intensivo de alcohol (binge drinking) é un padrón de consumo crecentemente prevalente entre os adolescentes. O obxectivo deste estudo é avaliar a evolución da conectividade anatómica e funcional da Rede Neural por Defecto (DMN, default mode network) en mozos e mozas consumidores intensivos de alcohol ao longo de dous anos. Para iso rexistrouse o sinal magnetoencefalográfico en estado de repouso con ollos pechados así como imaxes por tensor de difusión (DTI) en dúas ocasións cun intervalo de dous anos en 39 estudantes universitarios (22 controis, 17 consumidores intensivos de alcohol) sen historia persoal ou familiar de alcoholismo. A comparación entre os grupos puxo de manifesto que, tras manter este padrón de consumo de alcohol durante dous anos, os consumidores presentaron un incremento na conectividade da DMN en relación co grupo de control. Por outra banda, a conectividade estrutural non presentou diferenzas significativas nin entre os grupos nin polo trascurso do tempo. Estes achádegos apuntan a que o mantemento continuado dun padrón de consumo intensivo de alcohol leva a alteracións funcionais no proceso normal de maduración cerebral, presentes mesmo antes de que poidan detectarse cambios anatómicos.