Heavy drinking and alcohol-related injuries in college students.
Autores: Moure Rodriguez, L; Caamano-Isorna, F; Doallo, S; Juan-Salvadores, P; Corral, M; Rodriguez Holguín, S; Cadaveira, F.
Ano: 2014
Gaceta Sanitaria DOI: 10.1016/j.gaceta.2014.02.017
Palabra clave: Alcohol Drinking, Epidemiology, Injuries, Adolescents, Cohort Studies, Primary Prevention
O obxectivo principal do estudo é avaliar o efecto do consumo intensivo de alcohol sobre as lesións relacionadas con esta droga. Realizouse un estudo de cohorte aberta entre universitarios en España (n=1.382). O consumo intensivo e as lesións relacionadas co alcohol medíronse mediante a administración do cuestionario AUDIT a cada un dos participantes ás idades de 18, 20, 22 e 24 anos. Para analizar os datos utilizouse a Regresión Loxística Multinivel para medidas repetidas axustando por consumo de alcohol e de cannabis. A taxa de resposta ao comezo do estudo foi 99,6% (1.369 estudantes). A taxa de incidencia de lesións relacionadas co alcohol foi de 3,2 por 100 estudantes ano-1. Tras axustar por consumo de alcohol e de cannabis, o modelo multivariante revela que a alta frecuencia de consumo intensivo foi un factor de risco para as lesións relacionadas co alcohol (Odds Ratio= 3,89 [95%CI:2,16 – 6,99]). A proporción de lesións relacionadas co alcohol en expostos atribuíble ao consumo intensivo foi 59.78% [95%CI: 32.75 – 75.94], mentres que a fracción atribuíble poboacional foi 45.48% [95%CI: 24.91 – 57.77]. Podemos concluír que o consumo intensivo conduce a un aumento das lesións relacionadas co alcohol. Isto amosa unha nova dimensión das consecuencias desta preocupación social que xa se ten relacionado con variedade de problemas sociais e de saúde. Ademais, os resultados permítennos suxerir que aproximadamente a metade das lesións relacionadas co alcohol poderían evitarse eliminando este padrón de consumo.