Impact of alcohol use on inhibitory control (and vice versa) during adolescence and young adulthood: A review.
Autores: López-Caneda, E; Rodríguez Holguín, S; Cadaveira, F; Corral, M; Doallo, S.
Ano: 2014
Alcohol and Alcoholism, 42, 173-181 DOI: 10.1093/alcalc/agt168
Palabra clave: Inhibitory control, response inhibition, alcohol, binge drinking, adolescence, youth
Obxectivos: A adolescencia é, habitualmente, a etapa da vida no que as persoas empezan a beber alcohol, e isto tense asociado cun control inhibitorio relativamente feble ou inmaduro. Esta revisión examina os cambios no desenvolvemento cerebral e na función inhibitoria que teñen lugar durante a adolescencia e a mocidade, así como as relacións entre control inhibitorio e uso de alcohol a esta idade temperá. Método: Revisión dos estudos máis relevantes relacionados con (a) o desenvolvemento do control inhibitorio durante a adolescencia, (b) os déficits na capacidade inhibitoria nos trastornos por uso de alcohol e (c) os efectos da inxesta aguda e o consumo intensivo intermitente de alcohol (binge drinking) sobre o control inhibitorio en adolescentes e mozos. Resultados: Os procesos de control inhibitorio desenvólvense durante a adolescencia e a mocidade. O funcionamento inhibitorio feble pode predispoñer ao mal uso do alcohol. Do mesmo modo, o consumo agudo e intensivo de alcohol pode afectar ao control inhibitorio e comprometer a capacidade de prevenir ou deter condutas relacionadas co uso de alcohol. Conclusións: O control inhibitorio feble pode ser tanto causa como consecuencia do consumo excesivo de alcohol. A adolescencia e a mocidade son períodos particularmente vulnerables debido a que (a) o funcionamento inhibitorio feble ou inmaduro propio deste estadio pode contribuír á incapacidade do individuo para controlar o seu uso do alcohol e o consumo de alcohol ‘per se’ pode alterar ou interrumpir o adecuado desenvolvemento do control inhibitorio, levando a unha capacidade reducida para regular a inxesta de alcohol. Son necesarias máis investigacións lonxitudinais para avaliar a interacción entre disfunción no control inhibitorio e uso de alcohol nas dúas direccións.