Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Increased amplitude of P3 event-related potential in young binge drinkers.

Autores: Crego A.; Cadaveira F.; Parada M.; Corral M.; Caamaño-Isorna F.; Rodríguez Holguín S.

Ano: 2012

Alcohol, 46, 415-425. DOI: 10.1016/j.alcohol.2011.10.002

Palabra clave: ERPs, Oddball task, Visual attention, Adolescence, Binge drinking, University students

Arquivo

O obxectivo deste estudo foi determinar cómo afecta o consumo intensivo de alcohol (CIA) ao funcionamento cerebral en estudantes universitarios, homes e mulleres, durante a realización dunha tarefa de discriminación visual. Seleccionáronse 32 consumidores (CIA) e 53 controis (non CIA) sen historia de consumo doutras drogas, e sen historia persoal ou familiar de alcoholismo ou doutros trastornos psicopatolóxicos. Rexistráronse os potenciais evocados (PE) durante a realización dunha tarefa visual tipo ‘oddball’. Analizáronse a latencia e a amplitude dos compoñentes N2 e P3b dos PE. Non houbo diferenzas entre os grupos nas medidas de execución condutual, pero a amplitude de P3b foi significativamente maior nos CIA que nos controis. Isto pode suxerir a existencia de anomalías nos procesos neurais que sustentan a atención, ou ben un desequilibrio (incremento) da actividade neuronal nos xeradores de P3b causada pola presenza do padrón CIA durante un período de tempo prolongado.