Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Larger mid-dorsolateral prefrontal gray matter volume in young binge drinkers revealed by voxel-based morphometry.

Autores: Doallo, S; Cadaveira, F; Corral, M; Mota, N; López-Caneda, E; Rodríguez Holguín, S.

Ano: 2014

PLoS ONE 9(5): e96380 DOI: 10.1371/journal.pone.0096380

Palabra clave: alcohol, binge drinking, IRM, dorsolateral prefrontal cortex, working memory, SOPT, gray matter volume

O consumo intensivo intermitente de alcohol (binge drinking, BD) é un modo de consumo de alta prevalencia entre mozos e mozas de moitos países. Malia a crecente evidencia de que este consumo intensivo está asociado co deterioramento de aspectos executivos da memoria de traballo (v.g., memoria de traballo autoordenada) que dependen do córtex prefrontal dorsolateral (CPFDL) medio (áreas de Brodmann 46 e 9), pouco se sabe sobre o impacto do BD na integridade da substancia gris prefrontal. Neste traballo investigamos os efectos do BD no volume de substancia gris do CPFDL medio en mozos. Utilizouse a morfometría baseada no vóxel sobre imaxes de resonancia magnética estrutural de suxeitos que informaban dun padrón de BD persistente (polo menos tres anos) (n = 11, idade 22,43±1,03) e suxeitos de control (n = 21; idade 22,18±1,08) para avaliar diferenzas no volume de substancia gris entre os dous grupos. Nunha análise de rexións de interese do CPFDL medio, logo de covariar por idade e sexo, observouse un volume de substancia gris significativamente maior no CPFDL medio esquerdo (áreas de Brodmann 46 e 9) nos consumidores intensivos en comparación cos suxeitos de control. Ademáis, houbo unha correlación positiva significativa entre o volume do CPFDL medio esquerdo e a puntuación total de erros do Self-Ordered Pointing Test (SOPT) nos consumidores. O volume do CPFDL medio esquerdo tamén correlacionou coa cantidade e velocidade da inxesta de alcohol. Estes resultados indican que a exposición repetida ao alcohol -sen acadar o criterio de dependencia alcohólica- ao longo da adolescencia tardía e o comezo da idade adulta está ligado a anomalías estruturais en rexións do CPFDL medio que están críticamente implicadas nos aspectos executivos da memoria de traballo.