Manual de Psicofisiología Clínica
Autores: Simón, M.A.; Amenedo, E.
Ano: 2001
Madrid: Pirámide (ISBN:84-368-1435-5). DOI: no disponible
Palabra clave: Clinical psychophysiology, Theoretical foundations, Metodology, Assesment, Treatment, Applications.
A psicofisioloxía clínica é a parcela do coñecemento científico interesada na aplicación das técnicas, conceptos e teorías psicofisiolóxicas á explicación dos factores psicolóxicos que inflúen na saúde e na enfermidade. Esta disciplina está a contribuír de forma notable ao desenvolvemento científico, tanto da psicoloxía clínica como da psicoloxía da saúde, favorecendo a comprensión dos mecanismos que interveñen na xénese e o mantemento de numerosos problemas de saúde, así como das complexas interaccións entre os procesos fisiolóxicos, condutuales e cognitivos, o que proporciona avances significativos no proceso de avaliación e tratamento dos problemas de saúde desde unha perspectiva interdisciplinar. Este manual aborda o estudo dos fundamentos teóricos e metodolóxicos da psicofisioloxía clínica, así como as súas aplicacións máis actuais no ámbito da avaliación e o tratamento de diversos problemas de saúde. Na súa redacción participou un grupo de expertos neste campo, o que o converte nunha obra de referencia para todos aqueles interesados na avaliación e modificación do comportamento en contextos clínicos