Modulations of the visual N1 component of event-related potentials by central and peripheral cueing
Autores: Doallo, S.; Lorenzo-López, L.; Vizoso, C.; Rodríguez Holguín, S.; Amenedo, E.; Bará, S.; Cadaveira, F.
Ano: 2005
Clinical Neurophysioly, 116, 807-820. DOI: 10.1016/j.clinph.2004.11.013
Palabra clave: Visuospatial attention, Central cues, Peripheral cues, N1, Event-related potentials
Obxectivo: O obxecto deste estudo é investigar os efectos do sinalamento central e periférico no compoñente N1 dos potenciais evocados (PE) e o seu curso temporal. Método: Rexistráronse os PE mentres os participantes realizaban unha tarefa de discriminación visual da lonxitude de unhas barras, que se presentaban logo de sinais centrais e periféricos, informativos e non informativos, con asincronías de inicio dos estímulos (stimulus onset asynchronies, SOA) de 100, 300, 500 ou 700 ms. Resultados: Os sinais periféricos (informativos e non informativos) provocaron maior efecto da validez do sinal en N1 300 ms despois do sinal, mentres que os sinais centrais deron lugar a un efecto da validez sobre N1 máis sostido, cos maiores efectos máis tarde, co SOA de 500 ms. Conclusións: Estes datos amosan que os sinais centrais e periféricos afectaron ao nivel de procesamento reflectido polo compoñente N1, pero houbo diferenzas no curso temporal deses efectos. A orientación da atención en resposta ao sinalamento central resultou nun efecto de validez sobre N1 sostido, en comparación coa activación máis transitoria do proceso reflectida polo efecto de validez sobre a N1 na tarefa de sinalización periférica. Interese: Este estudo proporciona unha análise intrasuxeito detallada do curso temporal dos efectos do sinalamento central e periférico sobre N1.