N2pc and attentional capture by colour and orientation-singletons in pure and mixed visual search tasks
Autores: Rodríguez Holguín, S.; Doallo, S.; Vizoso, C.; Cadaveira, F.
Ano: 2009
International Journal of Psychophysiology, 73, 279-286. DOI: 10.1016/j.ijpsycho.2009.04.006
Palabra clave: Event-related potentials (ERP), N2pc, Visual search, Singletons, Attentional capture, Pure task, Mixed task
A captura da atención por estímulos singulares na procura visual é un tema en discusión. Algúns autores propoñen que os estímulos singulares capturan a atención nun modo de abaixo-arriba se son destacados. Outros propoñen que a captura depende de se o estímulo comparte ou non atributos relevantes para a tarefa co estímulo obxectivo (‘target’). Este estudo valora o compoñente N2pc provocado por estímulos singulares en cor e orientación nunha tarefa mixta (o estímulo singular definido como ‘target’ cambiaba entre un bloque e outro), e nunha tarefa pura (o ‘target foi o mesmo ao longo de toda a tarefa). Os dous tipos de estímulos singulares provocaron N2pc cando actuaban como ‘target’; cando actuaban como ‘non-target’, os estímulos singulares pola súa orientación só provocaron N2pc na condición mixta. Estes resultados suxiren que os estímulos singulares non foron destacados abondo como para enganchar a atención nun modo de abaixo-arriba puro. A presenza de N2pc ante estímulos ‘non-target’ na tarefa mixta podería atribuírse a procesos de arriba-abaixo asociados coa tarefa en curso. Os estímulos que actúan como ‘target’ en parte dos bloques non chegan a resultar completamente irrelevantes cando actúan como ‘non-target’.