Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Neurocognitive function in recreational ketamine: A scoping review

Autores: Bellas, C., Rodríguez Holguín, S., Beranuy, M & Calvo, F.

Ano: 2024

Health and addictions: salud y drogas

Introdución: A ketamina é un anestésico disociativo que actúa como antagonista dos receptores NMDA, que desempeñan un papel crucial no fortalecemento da aprendizaxe e a memoria. Non é de estrañar que o seu uso repetido poida asociarse a unha deterioración das funcións cognitivas.

Obxectivo: O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión da literatura científica sobre os efectos neurocognitivos do uso recreativo da ketamina.

Método: Realizouse unha procura bibliográfica en PyscINFO, PubMed, S copus e Web of Science para o período 2000-2020. Finalmente, incluíronse 25 artigos orixinais na revisión.

Resultados e conclusións: Os achados revelan que 1) o consumo agudo de ketamina produce déficits na memoria de traballo, a memoria semántica e a memoria episódica, 2) o consumo frecuente de ketamina asociouse con alteracións na memoria episódica e posiblemente na aprendizaxe, a función executiva, a atención e a memoria semántica, 3) as persoas diagnosticadas con trastorno por consumo de ketamina presentan déficits na memoria episódica visual e verbal, a memoria de traballo e a atención, 4) os déficits detectados poden mellorar e mesmo reverterse tras un período de abstinencia.