Neuropsychological characteristics in children of alcoholics: familial density.
Autores: Corral, M.; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.
Ano: 1999
Journal of Studies on Alcohol, 60, 509-513. DOI: 10.15288/jsa.1999.60.509
Palabra clave: Alcoholism, Risk markers, Familiar risk, Neuropsychological assessment, Attention, Visuospatial tasks
A finalidade dos estudos de alto risco é identificar características que permitan a identificación de persoas con alta vulnerabilidade ao alcoholismo. O obxectivo desta investigación foi verificar se o criterio de densidade familiar é útil para clasificar aos fillos de alcohólicos con diferentes características neuropsicolóxicas. Método: Administrouse unha batería de probas neuropsicolóxicas a 102 nenos e nenas de 7-15 anos; 66 eran fillos de alcohólicos con alata (n = 32) e baixa (n = 34) densidade familiar de alcoholismo, e 36 eran fillos de pai non alcohólico con historia familiar negativa do trastorno. A batería incluíu tests para valorar atención, habilidades visoespaciais e funcións frontais. Resultados: as análises MANCOVA amosaron que os nenos con alta densidade obtiveron puntuacións inferiores que os fillos de non alcohólicos en tarefas de atención e visoespaciais. Non houbo diferenzas entre os nenos con historia familiar de baixa densidade e negativa nestes dominios cognitivos. Conclusións: Estes resultados suxiren que os fillos de alcohólicos non constitúen un grupo homoxéneo. Os nenos con alcoholismo multixeneracional, pero non aqueles con só o pai alcohólico, amosaron un desempeño reducido en áreas cognitivas específicas.