Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Neuropsychological characteristics of young children from high-density alcoholism families: a three-year follow-up

Autores: Corral, M.; Rodríguez Holguín, S.; Cadaveira, F.

Ano: 2003

Journal of Studies on Alcohol, 64, 195-199. DOI: 10.15288/jsa.2003.64.195

Palabra clave: Alcoholism, Family history, Risk markers, Children of alcoholics, Neuropsychology, Wisconsin Card Sorting Test, Executive functioning

Arquivo

Obxectivo: Realizouse un estudo de seguimento a un grupo de nenos procedentes de familias con alta densidade de alcoholismo (nenos AD), que foran avaliados previamente hai 3,5 anos, co fin de valorar as capacidades de ‘span’ verbal e visoespaciais (que diferían significativamente entre os nenos AD e os controis -C- na primeira avaliación), así como outras variables neuropsicolóxicas. Método: Na segunda avaliación examinouse a 22 nenos e nenas, comparables en canto a ingresos familiares e nivel educativo dos pais. No caso dos 12 nenos AD, o seu pai e polo menos outros dous familiares eran/foran alcóhicos, mentres que no caso dos 10 nenos C non había historia familiar de alcoholismo en primeira e segunda xeneración. Configurouse unha batería neuropsicolóxica con tarefas estandarizadas para medir atencion, memoria visoespacial e funcións executivas. Resultados: As análises revelaron interaccións significativas Grupo x Avaliación no subtest de ‘span’ de díxitos, onde os nenos AD melloraron o seu desempeño até acadar o nivel dos nenos C, e no Test de Clasificación de Tarxetas de Wisconsin (WCST), no que os nenos AD non presentaron a mesma melloría ao madurar que os nenos C. Tamén se observou un efecto principal do factor grupo nas respostas perseverativas do WCST. Conclusións: Os nenos con alta densidade familiar de alcoholismo consiguen acadar o mesmo nivel de desempeño que os controis no ‘span’ verbal, pero as diferenzas entre grupos no funcionamento executivo medido mediante o WCST aumentan coa idade. Estes resultados considéranse no contexto da hipótese da demora no desenvolvemento. Sen embargo, dado o pequeno tamaño da mostra, serán necesarios novos estudos que confirmen estes achádegos.