Own and others’ perceived drinking among freshmen as predictors of alcohol consumption over 10 years.
Autores: Moure-Rodriguez, L., Carbia, C., Corral Varela, M., Diaz-Geada, A., Cadaveira, F., & Caamano-Isorna, F.
Ano: 2023
O consumo percibido polos mozos dos seus achegados pode afectar as expectativas respecto ao consumo de alcol e deste xeito, ao seu propio consumo. O obxectivo do estudo foi identificar a capacidade predictiva da percepción de consumo de alcol propio e dos achegados ao comezo do período universitario, nos patróns de consumo observados ao longo de 10 anos de seguimento. Levouse a cabo un estudo de cohortes en universitarios en España (n=1.382). Consumo Intensivo de Alcol (CIA) e Consumo de Risco de alcol (CRA) medíronse co Test de Identificación dos Trastornos debidos ao Uso de Alcol (AUDIT) aos 18, 20, 22, 24 e 27 anos. Calculáronse as Odds Cocientes (ORs) con regresión loxística multinivel para medidas repetidas. Os universitarios percibían baixo ou nulo consumo de alcol dos seus familiares e maior dos seus amigos. Percibir maior consumo dos seus irmáns e amigos aumentou o risco de CIA en ambos os xéneros e de CRA en mulleres. Vivir fóra do domicilio familiar aumentou o risco de ambos os patróns. En conclusión, a percepción do consumo de alcol de amigos aos 18-19 anos resultou a variable máis influente para o CIA en ambos os xéneros e o CRA en mulleres ao longo de 10 anos de seguimento. O consumo de alcol dos pais ao comezo do período universitario parece non afectar os patróns de consumo practicados durante a mocidade, unha vez axústase polo consumo de amigos e irmáns. Vivir no domicilio familiar actúa como factor protector. As medidas preventivas nos mozos deben ter un enfoque contextual incluíndo aos seus achegados.