Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Reduced anterior prefrontal cortex activation in young binge drinkers during a visual working memory task

Autores: Crego, A.; Rodríguez Holguín, S.; Parada, M.; Mota, N.; Corral, M.; Cadaveira, F.

Ano: 2010

Drug and Alcohol Dependence, 109, 45-56. DOI: 10.1016/j.drugalcdep.2009.11.020

Palabra clave: Event-related potentials (ERPs), eLORETA, Binge drinking, University students, Working memory, Prefrontal cortex

Arquivo

A memoria de traballo é unha función cognitiva esencial que resulta afectada polo consumo crónico de alcohol. Esta afección asóciase a alteracións no hipocampo e no córtex prefrontal (CPF). Estudos con animais e con humanos teñen amosado que o cerebro adolescente é máis sensible aos efectos neurotóxicos do alcohol que o cerebro adulto, particularmente aquelas estruturas que maduran máis tarde, como o hipocampo e o córtex prefrontal. O obxectivo deste estudo foi avaliar a memoria de traballo visual e os seus correlatos neurais en mozos universitarios que practican o consumo intermitente de grandes cantidades de alcohol (consumidores intensivos de alcohol, CIA). Unha mostra de 43 CIA e 53 participantes de control realizaron unha tarefa de execución continua de pares idénticos nun estudo de potenciais evocados (PE) analizados mediante tomografía electromagnética cerebral de baixa resolución (eLORETA). Os resultados revelaron que, a pesar dun desempeño adecuado, os CIA amosaron menor amplitude do compoñente positivo tardío (LPC) asociado con hipoactivación do córtex prefrontal anterior dereito ante os estímulos emparellados, en comparación cos participantes de control. Estes resultados poderían indicar unha alteración funcional nos procesos de recoñecemento en memoria de traballo asociada ao consumo intensivo de alcohol e indican que as deficiencias na función do córtex prefrontal poden presentarse a idades temperás nos consumidores intensivos de alcohol.