Rendimiento de los pacientes alcohólicos en la Evaluación Comportamental del Síndrome Disejecutivo (BADS)
Autores: Parada, M.; Corral, M.; Fernández-Eire, M.C.; Cadaveira, F.
Ano: 2007
Mapfre Medicina, 18, Suplemento Enero-Marzo 2007. DOI: not available
Palabra clave: Alcohol, Executive abilities, Frontal lobes
Obxectivo: Determinar o perfil neuropsicolóxico dos pacientes alcohólicos crónicos recentemente desintoxicados na BADS. Material e método: Avaliouse a 29 homes con idades comprendidas entre os 28 e os 50 anos, distribuídos en dous grupos: pacientes con diagnóstico de dependencia ao alcol (n=19) e suxeitos control sans (n= 10). Os pacientes alcohólicos foron avaliados entre 15 e 90 días despois da desintoxicación. Resultados: Acháronse diferenzas significativas entre os grupos na puntuación perfil de próbalas Cartas con Cambio de Regra (p=.02), Procura de chaves (p=.001) e Seis Elementos Modificado (p=.02), así como na puntuación total da BADS (p=.001). Conclusións: Os pacientes con alcoholismo presentan máis dificultades que o suxeitos control nalgunhas das tarefas que compoñen a BADS, mostrando máis dun terzo dos pacientes un rendemento por baixo do rango da normalidade. Evidénciase unha menor flexibilidade mental e dificultades para xerar estratexias eficaces e organizar a súa conduta. Estas dificultades deberían terse en conta na planificación dos programas terapéuticos xa que diversos estudos evidencian que existe relación entre a presenza deste déficit e un maior índice de recaída.