The time course of the effects of central and peripheral cues on visual processing: an event-related potentials study
Autores: Doallo, S.; Lorenzo-López, L.; Vizoso, C.; Rodríguez Holguín, S.; Amenedo, E.; Bará, S.; Cadaveira, F.
Ano: 2004
Clinical Neurophysiology, 115, 199-210. DOI: 10.1016/S1388-2457(03)00317-1
Palabra clave: Visuospatial attention, Central cues, Peripheral cues, P1, Event-related potentials
Obxectivo: Os variados resultados dos estudos mediante potenciais evocados (PE) visuais sobre sinalamento central e periférico indican que este tivo de chaves (sinais) modulan o procesamento de estímulos con cursos temporais diferentes. O obxectivo deste estudo foi investigar as diferenzas no curso temporal dos efectos facilitadores no procesamento visual inducido por chaves periféricas e centrais. Método: Rexístráronse os PE ante estímulos obxectivo (‘target’) precedidos por sinais centrais informativos, sinais periféricos informativos, sinais centrais non-informativos e sinais periféricos non-informativos, con asincronías de inicio do estímulo (stimulus onset asynchronies, SOA) de 100, 300, 500 ou 700 ms. Resultados: Os estímulos válidamente sinalados deron lugar a un compoñente P1 maior cando foron sinalados por chaves periféricas cun SOA de 100 ms. A amplitude de P1 nos ensaios válidos foi menor na condición de sinais periféricos non-informativos cos SOA de 300, 500 e 700 ms, pero só co SOA de 500 ms na condición de sinalamento periférico informativo. Con chaves centrais informativas, non houbo efectos da validez en P1. Conclusións: Estes resultados indican que a atracción automática da atención por sinais periféricos resulta nun procesamento sensorial mellorado na localización do sinal. Esta facilitación vese reemprazada por un efecto inhibitorio cando o SOA aumenta, aínda que o valor informativo do sinal pode modular este efecto. O sinalamento central non parecen afectar o procesamento sensorial a nivel de P1.