Time course of attentional modulations on automatic emotional processing
Autores: Doallo, S.; Cadaveira, F.; Rodríguez Holguín, S.
Ano: 2007
Neuroscience Letters, 418, 111-116. DOI: 10.1016/j.neulet.2007.03.009
Palabra clave: Event-related potentials, Attention, Emotion, Load, International affective picture system
Nun estudo previo mediante potenciais evocados (PE) [S. doallo, S. Rodríguez Holguin, F. Cadaveira, Attentional load affects automatic emotional processing: evidence from event-related potentials, Neuroreport 17 (2006) 1797-1801], informamos que as respostas cerebrais a imaxes afectivas periféricas inatendidas víanse moduladas pola carga atencional no foco, segundo se reflectía nas modulacións de N1-P2 nas rexións posteriores. Aquí preséntase unha nova análise deses datos para avaliar se o cambio negativo sostido e amplamente distribuído que se observa nos PE ante as imaxes inatendidas, que presenta maiores amplitudes para os estímulos emocionais, reflecte unha resposta diferencial adicional ao contido emocional. Na condición de baixa carga atencional, as fotografías desagradables (vs. as neutras) provocaron maior negatividad no rango de latencia de 80-140 ms sobre as localizacións frontocentrais, e cunha distribución máis centroparietal no rango de 200 a 280 ms. Estes resultados proporcionan nova información sobre o curso temporal do procesamento emocional en localizacións non atendidas e a súa modulación pola carga atencional.