Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Visual and auditory event-related potentials in young children of alcoholics from high- and low-density families.

Autores: Rodríguez Holguín, S.; Corral, M.; Cadaveira, F.

Ano: 1998

Alcoholism: Clinical and Experimental Research, 22, 87-96. DOI: 10.1111/j.1530-0277.1998.tb03620.x

Palabra clave: Children of Alcoholics, Event-Related Potentials, P3 (P300), Risk Markers

Arquivo

Os potenciais evocados cerebrais (PE), particularmente a onda P3, teñen sido postulados como marcadores biolóxicos do risco xenético ao alcoholismo. Este estudo valora os PE de 102 nenos e nenas (de 7 a 15 anos) divididos en tres grupos: dous grupos de fillos e fillas de pai alcohólico, con e sen outro familiar en primeiro ou segundo grao afectado, e un grupo de control de fillos/as de non alcohólicos. Empregáronse dúas tarefas de discriminación, visual e auditiva, con tres estímulos (estándar, diana -target- e infrecuente non-target). As amplitudes de P3 non presentaron unha redución significativa para o grupo de varóns de alto risco e os resultados foron complexos no caso das mulleres. Houbo diferenzas significativas entre as mulleres na latencia da P3 visual provocada polos targets. As demoras nesta variable asociáronse co alcoholismo familiar multixeneracional. Os resultados discútense á luz das tarefas utilizadas para provocar os PE e das características da mostra seleccionada.