Ir ao contido principal
Volver á listaxe

Visual P3a in male subjects at high risk for alcoholism.

Autores: Rodríguez Holguín, S.; Porjesz, B.; Chorlian, D.B.; Polich, J.; Begleiter, H.

Ano: 1999

Biological Psychiatry, 46, 281-291. DOI: 10.1016/S0006-3223(98)00247-9

Palabra clave: Alcoholism, High-risk males, Visual event-related potentials (ERPs), P300, P3a, Current Source Density (CSD)

Arquivo

Contexto: A voltaxe do compoñente P300 dos potenciais evocados (PE) ten sido proposto como un marcador fenotípico do risco ao alcoholismo. O P3a provocado por eventos intrusivos é importante no contexto dos déficits de inhibición atopados nas avaliacións psicofisiolóxicas e comportamentais dos fillos de alcohólicos. Método: Rexistráronse os PE dun grupo de adultos fillos de alcohólicos (n = 26) e controis (n = 23) cun paradigma ‘oddball’ visual de tres estímulos. A tarefa requería realizar unha discriminación visual difícil entre unha liña vertical infrecuente (.80) e unha infrecuente (.10), inclinada 2 graos (‘target’). Tamén se presentaba un estímulo non relevante infrecuente (.10), doadamente discriminable, consistente nunha liña horizontal. Os participantes debían premer un botón ante o ‘target’. Comparouse o P3a mediante un ANCOVA de modelo mixto en 31 localizacións organizadas en cinco rexións craniais. Tamén se analizaron os mapas de densidade de fontes de corrente (CSD). Resultados: os participantes de alto risco (AR) presentaron amplitudes reducidas de P3a respecto dos controis nos electrodos frontais, centrais, parietais e temporais. As análises CSD sustentaron este resultados ao atopar diferenzas entre os grupos en todas as rexións. Conclusións: Os resultados discútense en relación aos estudos previos de AR. As reducións de P3a poden estar relacionadas con déficits na inhibición neuronal durante o procesamento de estímulos. Os resultados indican que a amplitude de P3a pode ser importante como marcador de vulnerabilidade ao alcoholismo.