O próximo 22 de Xullo celebraranse en Vigo as XI Xornadas para Xóvenes Investigadores en Neurociencia organizadas ao abeiro do Máster Universitario en Neurociencia. Esta xuntanza anual está aberta á participación de todas aquelas persoas que traballan no ámbito da neurociencia, sendo unha boa oportunidade tanto para presentar o traballo que cada quen está desenvolvendo como para interaccionar cos colegas doutros grupos de investigación. Por outra banda, a participación nestas Xornadas poderá ser recoñecida como actividade formativa para aquelas persoas matriculadas no Programa de Doutoramento de Neurociencia e Psicoloxía Clínica. Ao remate das xornadas entregarase un certificado de asistencia a todos os participantes.
Prazo de inscrición: até o 30 de xuño
Envío de resumes: até o 6 de xullo
Máis información en: http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/modules/events/event_0002.html