Ir ao contido principal
Volver ás novas

Xornadas Socidrogalcohol 2014

O grupo NECEA vén de recibir un dos catro premios ás comunicacións presentadas nas XLI Jornadas Nacionales de Socidrogalcohol (Sevilla, 3-5 de abril de 2014) polo traballo ‘Alteracións estruturais no córtex prefrontal dorsolateral en mozos/as con consumo intensivo de alcohol’. Noraboa a Sonia Doallo, autora principal do traballo, e a Fernando Cadaveira pola súa presentación.