OME Novidades
Edici�ns pasadas
Enlaces �tiles
Inscrici�n
Contacto
OME
Consellería de Educación, Universidade e Formació Profesional USC

OMG 2018

    A Olimpíada Matemática Galega é unha competición para o alumnado de bacharelato de Galicia que ten como obxectivo fundamental estimular o estudio das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas

    Este concurso constitúe a Fase Autonómica Galega da Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández coa colaboración do Clube Olímpico de Mates, Sementeira, celébranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e nelas selecciónase ata 3 estudantes para representaren a Galicia na Fase Nacional.

    Pode participar na olimpíada calquera estudante de Bacharelato que curse os seus estudios nun centro galego; excepcionalmete poderán participar estudantes da última etapa da ESO que acrediten especiais aptitudes, así como integrantes do proxecto EsTalMat-Galicia. 

    Os problemas das diferentes fases non requiren uns coñecementos especiais de matemáticas, senón que buscan a capacidade de raciocinio e a orixinalidade e creatividade do pensamento.