Homenaxe ó Equipo Olímpico Galego

A Facultade de Matemáticas da USC rendíu o pasado 4 de xuño homenaxe ós integrantes do Equipo Olímpico Galego 2002

O acto contou coa presencia do Excmo. Sr. Rector, do Vicerrector de Ordenación Académica, do Ilmo. Decano da Facultade e do Subdirector Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

A este acto foron convidados, ademais dos familiares do olímpicos, os Departamentos de Matemáticas dos centros nos que cursan os seus estudios, os responsables das asociaciós galegas de profesores de matemáticas, así como os colaboradores na organización da Olimpíada Matemática Galega 2002.

 No transcurso do mesmo, entregouselle a cada un dos olímpicos un agasallo e mais un diploma  conmemorativo.

 


Lembranzas dun ex-olimpico

Yago, integrante do Equipo Olímpico Galego 1999 e alumno da Facultade de Matemáticas, foi o encargado de  abrir fogo.

Foi unha intervención moi imaxinativa que deleitou ós membros da mesa:

Os estudiantes que participan nas olimpíadas non teñen por que  ser uns cerebritos.

 


Os familiares dos homenaxeados e demais asistentes ó acto tamén disfrutaron coa intervención de Yago.

 

 


algúns familiares dos homenaxeados

 

 


O Coordinador

O seguinte foi o Coordinador, e non o tivo doado despois da brillantez de Yago, pero... puxo vontade.

 

Verbas do Coordinador:
Resultan difíciles de explicar as razóns polas que un se afecciona a resolver problemas de matemáticas, pero o alumnos que homenaxeamos son mostra de que tal afección existe.

A pureza da olimpíada reside na dificultade para "adestrar" a un estudiante: non existe ningún método que garanta o éxito, se ben calquer contacto con eles mellora sensiblemente o seu rendemento primario, e resulta moi gratificante.

Invito ás asociacións de profesores de matemáticas presentes a que mobilicen ós seus afiliados e a colaborar na elaboración dunha proposta á Consellería para que se recoñeza con horas ós profesores estes seminarios.

 

verbas do Sr. Subdirector Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional:
As ciencias en xeral, e as matemáticas en particular, contribúen no ensino a desenvolve-la capacidade de lectura comprensiva: non se pode resolver un problema se non se entende o que di.

Non podemos deixar de reivindicar o coñecemento científico como parte integrante da cultura dun pobo.

 


Xa cos agasallos

O Equipo Olímpico non perde detalle 

 

 


Luisa e Xulio

Dous dos estudiantes da Facultade  que colaboraron na Olimpíada Matemática Galega 2002  moi atentos 

 

Verbas do Decano: 
Nun tempo no que as vocacións matemáticas parecen estar en momentos baixos, é esperanzador que estes estudiantes galegos acadasen tan bos resultados na Olimpíada Matemática Española.

Dar a coñecer as matemáticas é un labor de tódolos matemáticos, e neste sentido hai que recoñecer outras iniciativas nesta dirección levadas a cabo por voluntariosos, e non sempre con apoio institucional: Rallye Matemático, Olimpíada de Matemáticas para menores de 12 anos, Rebumbio Matemático, Canguro, Olimpíada de maio, Olimpíada Universitaria, Fotografía Matemática, Campionato de Polinomios...

 

A intervención do Sr Rector, salpicada de anécdotas, tamén gustou moito...

No diseño e mantemento dun sistema universitario hai outros criterios aparte dos puramente economicistas: non se entende unha univresidade sen unha facultade de matemáticas competitiva.  

 


Pablo, Antón, Edu, Susana e Manuel

 


Xian, Raúl e Nicolás

 

... e deunos para dúas fotos

A USC está orgullosa da Facultade de Matemáticas e apoia os seus esforzos de mellora da cultura matemática a tódolos niveis, desde o máis básico ata as máis outas cotas de investigación.

Resolver un problema de matemáticas representa a pureza da competición, non entre persoas, senón entre o individuo e o propio problema.

 

Rematado o Acto...

 


A atención ós medios é importante

 


O equipo sempre unido

 

Os pinchos estiveron  ben: 

todo moi rico e moi abundante

 

Todos están de acordo

 


Profesores da Facultade


Ex-olímpica

María Jesús, gañadora da Olimpíada Matemática Galega 1998, hoxe estaba en calidade de familiar; é irmá de Susana

FOTOS : PAULINO