FACULTADE DE MATEMÁTICAS

   
 

Acto de Clausura da
Olimpíada Matemática Galega 2010
Fase Galega da XLVI Olimpiada Matemática Española

 
 

 

O acto, presidido polo Sr. Reitor da USC, don Senén Barro Ameneiro, acompañado polo Sr Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, don Xesús Vázquez Abad, tivo lugar o venres, día 15 de xaneiro, ás 20:15 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Estiveron tamén presentes na mesa o Sr. Vicerreitor de Profesorado, don Juan Manuel Viaño Rey, a Sra. Decana da Facultade de Matemáticas, dona María Victoria Otero Espinar, e o Coordinador do Programa A Ponte, don Luis M. Hervella Torrón.