O Equipo Galego acadou unha Medalla de Prata na Fase Nacional da XLVI Olimpiada Matemática Española, celebrada en Valladolid, do 25 ó 28 de marzo de 2010, na que participaron os gañadores das diferentes fases de distrito, un total de 114 alumnos.

 
 

Óscar Rivero Salgado
(medalla de prata)


 
 

Óscar, alumno de 4º de ESO no IES Cidade de Antioquía, de Xinzo de Limia, formará parte do Equipo Olímpico Español para as olimpíadas internacionais ao se clasificar entre os seis primeiros con nacionalidade española na XLVI OME.

 
 

Fotos do Equipo Galego na XLV Olimpiada Matemática Española

volver