O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad,
recibiu ós medallista galegos na 55th International Mathematical Olympiad.
Na entervista, que durou máis dunha hora, Raúl Alonso e Gonzalo Cao estiveron acompañados polo coordinador da Olimpíada Matemática,
Felipe Gago e, en representación da organización da Olimpíada de Física, Teresa Pérez Iglesias.
O Sr. Conselleiro interesouse polos detalles da recente participación na olimpíada internacional de matemáticas en Cidade do Cabo,
así como polos proxectos de futuro dos olímpicos, especialmente de Raúl que abandona o bacharelato para entrar na universidade o curso que ven.
Tamén lles preguntou sobre os seus hábitos de estudio, as súas inquedanzas culturais e de lecer,
e animounos a seguir adiante coa súa formación.
No decorrer da conversa, o Sr. Conselleiro manifestouse favorable a iniciar o estudo das posibilidades para
organizar en Galicia unha Fase Nacional da Olimpiada Matemática Española.