A inscrición para o público xeral se realizará na Área de Cultura da USC, os días 24, 25 e 26 de febreiro. A inscrición para membros da comunidade universitaria realizarase a partir do luns 24 de febreiro, por internet, cubrindo o formulario que ven a continuación tal como se indica e enviándoo á dirección pecas@usc.gal. A inscrición remata o mércores día 26 de febreiro. NOTA: Quenes xa obtiveron o crédito en anos anteriores non poderán convalidalo de novo. Aquelas persoas que xa fixeran o curso e desexen volver a inscribirse deberán permanecer á espera de recibiren unha mensaxe de confirmación na que se verifique a súa inclusión no programa, o cal se fará sempre e cando haxa prazas suficientes. Se non a recibisen antes do día da presentación significaría que xa non hay prazas. O ACCESO Ó FORMULARIO NON SE ACTIVARÁ ANTES DAS 12 DO MEDIODÍA DO 24 DE FEBREIRO. O FORMULARIO PÓDESE DESCARGAR EN FORMATOS DOC E ODT.
Todos aqueles formularios que non estean cubertos correctamente serán desestimados. O ACCESO Ó FORMULARIO DESACTIVOUSE PORQUE XA SE CUBRIRON AS PRAZAS E SE ENCHEU A LISTA DE AGARDA. |