Edición 26ª PROGRAMA DE EXTENSIÓN CULTURAL DE ASTRONOMÍA. Cada alumno realizará unha sesión do manexo do planisferio, dúas observacións nocturnas, unha solar e dúas charlas. A axenda cós horarios correspondentes facilitaráselles e explicaráselles ó alumnado ó inicio do curso. As sesións de observación terán lugar no Observatorio Astronómico Ramón María Aller cando as condicións meteorolóxicas e de ceo o permitan, por elo, hai máis de dúas noites reservadas para cada grupo. É imprescindible informarse sobre a realización das observacións o día sinalado consultando a sección
de noticias dentro da hora anterior ó inicio das observacións. Os posibles cambios de horario que podan darse serán anunciados con antelación. As charlas serán na Aula Magna da Facultade de Óptica, ás 20:15,
se se producise algún cambio darase a coñecer no transcurso
das observacións e na sección de noticias desta páxina. A data da observación solar anunciarase oportunamente, realizándose no Observatorio de 14:00 a 16:00. A proba que deberán superar os que desexen a convalidación do curso como un crédito, darase a coñecer durante o transcurso da última charla.
|