Pasar al contenido principal

Actualidad

Sentinelas da auga dos encoros

A spin off da USC 3edata desenvolve en colaboración coa UDC e UNED un sistema para vixiar a calidade da auga de encoros con sensores multiespectrais de media ate moi alta resolución de drons e satélites, unha innovadora ferramenta da que dá conta nun artigo a revista 'Remote Sensing'

Leer más

A cultura, pasaporte para volver ás orixes

O Máster en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades da USC acha en Hispanoamérica un filón de titulados universitarios con ascendencia galega que solicitan as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) da Xunta de Galicia para cursar estudos de posgrao no SUG

Leer más

Descifrando o magnetismo do grafeno

Investigadores da USC, do Donostia International Physics Center e do CIC nanoGUNE detectan o estado magnético dunha pequena estrutura triangular de grafeno, de apenas 40 átomos de carbono. Trátase da primeira evidencia experimental realizada cun microscopio de efecto túnel, o cal permite captar imaxes de superficies a nivel atómico

Leer más

A USC alíase co oso pardo na súa reconquista do Courel

A Estación Científica da USC actúa como centro loxístico e campamento base dos investigadores implicados no Life Oso Courel, un proxecto europeo no que a institución académica colabora coa Fundación Oso Pardo e ao abeiro do que se plantaron milleiros de árbores na serra courelá para mellorar o hábitat deste plantígrado

Leer más

O III Premio Rafael Crecente de investigación 'aposta' pola madeira

A valorización e o mellor aproveitamento dos recursos forestais acapara a maioría das das iniciativas innovadoras de xestión territorial presentadas ao certame convocado polo Ibader da USC, un galardón dotado con 3.000 euros en premios que triplica nesta edición o número de candidaturas recibidas e cuxo fallo se dará a coñecer en xuño

Leer más