El sistema de gobierno de la Universidad se fundamenta en tres componentes: la representación de la comunidad universitaria a través del Claustro, la participación social en la Universidad a través del Consejo Social y la creación de un órgano común de gobierno: la Junta de Gobierno.
La Ley Orgánica del Sistema Universitario (LOSU) fija los principales órganos, colectivos y unipersonales, de gobierno y dirección y sus competencias básicas, que cada universidad desarrolla a través de unos Estatutos propios.
Órganos unipersonales
Áreas de goberno
Delegacións da reitora
María José Carreira Nouche
Delegada para a Estratexia Dixital
María José Carreira Nouche é catedrática de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial (CCIA) no Departamento de Electrónica e Computación da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).
Pertence ao Grupo de Sistemas Intelixentes e é investigadora vinculada ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), centrando a súa investigación na análise intelixente de imaxe médica.
Impartiu docencia nos Graos en Enxeñaría Informática e Intelixencia Artificial, así como nos mestrados en Visión por Computador e Intelixencia Artificial, participando tamén nas súas comisións redactoras.
Foi subdirectora da ETSE, adxunta ao vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa e Comisionada do Reitor para Gobernanza TIC e Estratexia de Titulacións. Na actualidade é coordinadora da área de CCIA, secretaria académica da Cátedra ENIA USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) e membro do Consello Técnico Asesor en IA e Espazo de Datos do SERGAS.
Inmaculada Otero Moral
Delegada para a Estratexia de Internacionalización
Inmaculada Otero Moral é profesora permanente laboral na Área de Psicoloxía Organizacional e imparte docencia na Facultade de Relacións Laborais. Graduouse en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola USC e completou dous mestrados en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e en Xestión e Dirección Laboral. É Doutora en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e membro do Grupo de Investigación en Recursos Humanos e Rendemento.
As súas liñas de investigación céntranse no desempeño ocupacional e académico, o benestar laboral, a intelixencia cognitiva e a personalidade. Participa como investigadora principal en proxectos competitivos e conta con experiencia científica internacional a través dunha estadía na University of Western Australia.
No ámbito da xestión académica é coordinadora de mestrado, do programa de prácticas no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e foi Secretaria do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía.
José Ramón González Juanatey
Delegado para a Estratexia de Ciencias da Saúde
Foi director do Departamento de Medicina da USC do ano 2000 ao 2008. Na actualidade dirixe a Área Cardiovascular do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), recoñecido como o grupo de investigación líder na área en España (CIBERCV) nos anos 2023, 2024 e 2025.
Foi ademais Xefe de Servizo de Cardioloxía e UCC no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela do 2007 ao 2025, servizo que durante nove anos obtivo o Premio Best-In-Class como o mellor Servizo de Cardioloxía de España.
Médico Español do Ano en 2014 e 2024, Juanatey presidiu a Sociedade Española de Cardioloxía (SEC) do 2013 ao 2015, entidade da que actualmente é presidente de honra, e foi membro do Board da World Heart Federation de 2023 a 2026. É, así mesmo, asesor de institucións sanitarias e de investigación públicas, sociedades científicas e fundacións en España, Europa e América, e ostenta a Cátedra Miguel Alemán en México. Entre os recoñecementos acadados destacan, entre outros, o Premio Ciril-Rozman e o Novoa Santos de ASOMEGA.
Diana Fernández Méndez
Delegada coa encomenda da xestión dos asuntos de Ensino Medio e do Programa A Ponte
Víctor Manuel Arce Vázquez
Delegado coa encomenda da representación da USC na Comisión Interuniversitaria de Galicia