Pasar al contenido principal

Actualidad

Galicia, un paraíso micolóxico

A App Smartbasket, que ofrece de xeito confidencial información sobre especies e modelos produtivos, e a posta en marcha dunha asociación nacional de recolleitadores impulsan o aproveitamento sustentable dos cogomelos como recurso forestal, segundo se puxo de manifesto este mércores na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo nunha xornada divulgativa da actividade desenvolvida polo grupo operativo Mikogest

Leer más

Remesas de sustentabilidade ambiental cara a Iberoamérica

A Universidade Nacional de Ciencias Forestais (Unacifor) de Honduras súmase ao programa de doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medio Ambiente da USC, coordinado polo catedrático Agustín Merino e a través do que máis dunha ducia de docentes e investigadores de universidades de países de latinoamericanos acadaron a súa capacitación como doutores desde 2017

Leer más

Refuxio de biodiversidade no río Mera

Investigadores da USC conservan 35.000 exemplares de mexillón de río na estación de cría do Veral, onde a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada da vicerreitora Montserrat Valcárcel e a da coordinadora do grupo de investigación en Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol), Paz Ondina, coñeceu os resultados do traballo feito desde 2010 a prol da preservación de ‘Margaritifera margaritifera’, unha especie bioindicadora da calidade do ecosistema fluvial en risco de extinción

Leer más