Pasar al contenido principal

Plan Formativo Campus Terra 2025

Manexo Avanzado e Programación de Follas de Cálculo

7, 9, 11, 14 e 16 de xullo

Aula de informática 5 da EPS de Enxeñaría

Organizador: Escola Politécnica Superior

Este curso ten como obxectivo dar a coñecer as utilidades avanzadas de follas de cálculo, recopilar, organizar e analizar datos, ademais de realizar cálculos e operacións tanto simples, como complexas nun campo de traballo docente e investigador.

Imaxe do curso
Imaxe do curso

O curso, eminentemente práctico, e impartido polo profesor Carlos Núñez Temes da EPSE, vai dirixido a formación de PDI, PAS e alumnado como futuros profesionais, que require unha atención específica á adquisición de coñecementos destas ferramentas transversais necesarias para a análise da información, mellorando así a súa toma de decisións e o aumento da capacidade de actuación sobre a contorna. Tamén pode ser de especial interese para técnicos no ámbito do desenvolvemento rural, interesados na adquisición e mellora das súas competencias na análise e manexo de datos a través das follas de cálculo.

O seu uso avanzado permite realizar análises estatísticas, funcións comparativas, automatizar cálculos a través de fórmulas e macros e a obtención de resultados específicos. O curso realizará tamén un achegamento á programación, o que lles permitirá a manipulación de datos numéricos e alfanuméricos, de forma máis áxil e produtiva.

O curso, de modalidade mixta, se impartirá en horario de 9:00h a 12:00h. As persoas interesadas en participar neste curso gratuito, que conta con 15 prazas, poden inscribirse a través da seguinte ligazón.