Novo plan de estudos do Máster en Matemáticas:
Modalidades presencial e virtual
Accede aquí ao novo plan de estudos e aos horarios para o curso 26-27.
Benvido á páxina web propia do Máster en Matemáticas da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A páxina web oficial da Universidade para este mestrado atópase neste enlace.
Este máster está dirixido a persoas cunha forte formación en Matemáticas (graos e dobres graos en Matemáticas, grao en Física ou certas enxeñarías). Con el preténdese que o alumnado complete a súa formación en distintos temas matemáticos, que teña a oportunidade de cursar materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, e que se aproxime a aspectos das matemáticas actuais e obteña unha visión global. O máster tamén lle proporcionará unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.
Accede aquí ao novo plan de estudos e aos horarios para o curso 26-27.
Para máis información relativa á admisión e matrícula, consultar esta páxina. En caso de dúbidas, consultar á Unidade de Xestión Académica no correo uxa.sur [at] usc.gal (uxa[dot]sur[at]usc[dot]gal) ou no teléfono 881 814 530. Para dúbidas xerais relativas á Universidade, contactar coa Oficina de Información Universitaria no correo oiu [at] usc.es (oiu[at]usc[dot]es) ou no teléfono 881 812 000.
Os prezos públicos por crédito están tabulados nesta páxina. Téñase en conta que son distintos para estudantes extracomunitarios non residentes.
Tamén existen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) para estudos de máster.
Depósito primeira convocatoria: 9 de xullo.
Defensas primeira convocatoria: 17 y 18 de xullo.
Depósito segunda convocatoria: 1 de setembro.
Defensas segunda convocatoria: 5 de setembro (tribunal 2), 9 de setembro (tribunal 1).
Os tribunais asignaranse trala data de depósito de cada oportunidade.
Calendario de exames para estudantes con matrícula en cursos anteriores que se matriculen tamén no curso 2025/2026:
|
Materia |
Cuat. |
1ª Conv. |
Día |
2ª Conv. |
Día |
|
Análise Real e Complexo |
1SG |
09/01/2026 |
venres |
08/06/2026 |
luns |
|
Álxebra Conmutativa |
1SG |
12/01/2026 |
luns |
10/06/2026 |
mércores |
|
Xeometría de Riemann |
1SG |
14/01/2026 |
mércores |
12/06/2026 |
venres |
|
Biomatemática |
1SG |
15/01/2026 |
jueves |
24/06/2026 |
mércores |
|
Astrodinámica |
1SG |
16/01/2026 |
venres |
15/06/2026 |
luns |
|
Álxebra Categórica |
1SG |
19/01/2026 |
luns |
17/06/2026 |
mércores |
|
Cálculo Simbólico |
1SG |
21/01/2026 |
mércores |
19/06/2026 |
venres |
|
Análise Funcional |
1SG |
22/01/2026 |
jueves |
05/06/2026 |
venres |
|
Xeometría e Topoloxía de Variedades |
1SG |
23/01/2026 |
venres |
22/06/2026 |
luns |
|
Ecuacións en Derivadas Parciais |
2SG |
18/05/2026 |
luns |
26/06/2026 |
venres |
|
Sistemas Dinámicos |
2SG |
20/05/2026 |
mércores |
29/06/2026 |
luns |
|
Teoría de Grafos |
2SG |
22/05/2026 |
venres |
01/07/2026 |
mércores |
|
Métodos Matemáticos da Física |
2SG |
25/05/2026 |
luns |
03/07/2026 |
venres |
|
Xeometría Alxébrica |
2SG |
27/05/2026 |
mércores |
06/07/2026 |
luns |
|
Temas Actuais na Investigación Matemática |
2SG |
01/06/2026 |
luns |
10/07/2026 |
venres |
|
Cohomoloxía de Variedades |
2SG |
03/06/2026 |
mércores |
13/07/2026 |
luns |