Benvido á páxina web propia do Máster en Matemáticas da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A páxina web oficial da Universidade para este mestrado atópase neste enlace.
Este máster está dirixido a persoas cunha forte formación en Matemáticas (graos e dobres graos en Matemáticas, grao en Física ou certas enxeñarías). Con el preténdese que o alumnado complete a súa formación en distintos temas matemáticos, que teña a oportunidade de cursar materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, e que se aproxime a aspectos das matemáticas actuais e obteña unha visión global. O máster tamén lle proporcionará unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.
Admisión e Matrícula
Para máis información relativa á admisión e matrícula, consultar esta páxina. En caso de dúbidas, consultar á Unidade de Xestión Académica no correo uxa.sur [at] usc.gal (uxa[dot]sur[at]usc[dot]gal) ou no teléfono 881 814 530. Para dúbidas xerais relativas á Universidade, contactar coa Oficina de Información Universitaria no correo oiu [at] usc.es (oiu[at]usc[dot]es) ou no teléfono 881 812 000.
Prezos públicos
Os prezos públicos por crédito están tabulados nesta páxina. Téñase en conta que son distintos para estudantes extracomunitarios non residentes.
Tamén existen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) para estudos de máster.
Datas de depósito e defensa dos TFM para o curso 2024/2025
Depósito primeira convocatoria: 9 de xullo.
Defensas primeira convocatoria: 17 y 18 de xullo.
Depósito segunda convocatoria: 1 de setembro.
Defensas segunda convocatoria: 5 de setembro (tribunal 2), 9 de setembro (tribunal 1).
Os tribunais asignaranse trala data de depósito de cada oportunidade.