O Observatorio Astronómico Ramón
María Aller da Universidade de Santiago de Compostela foi fundado en
1943 polo Dr. D. Ramón María Aller Ulloa
como continuación do Observatorio particular que tiña en Lalín (Pontevedra).
Dende entón, as súas investigacións deron lugar a numerosas publicacións científicas
recollidas tanto en revistas internacionais como españolas.
Entre as liñas de
investigación desenvolvidas polo seu persoal, destaca
fundamentalmente o estudio das estrelas dobres e múltiples,
tema iste que fora introducido en España polo Padre Aller.
Dende 1982, o Observatorio levou a cabo 14 proxectos de investigación,
gracias os cales, os seus astrónomos poideron desprazarse a outros Centros
Astronómicos de Europa, América e Asia. Tamén asináronse 4 Convenios e
organizáronse diversos congresos
científicos.
Hoxe en día no Centro
estáse a editar con periodicidade cuatrimestral, a Circular de Información da
Comisión
G1 (anteriormente 26) da Unión Astronómica Internacional, e mantense o catálogo de órbitas e efemérides
de estrelas dobres, OARMAC.
Da súa actual instrumentación destaca
o refractor doado polo fundador, así como a cámara de interferometría speckle
e o fotómetro de ocultacións. En 2003 foi instalado un
telescopio de 0,62 m. de apertura.
O Observatorio, dado o seu carácter universitario, leva a cabo unha intensa
labor docente
xa que nel efectúan as prácticas os alumnos da Universidade que cursan asignaturas de
Astronomía. No centro elaboráronse numerosos traballos Fin de Grao, Fin de Máster e Teses de Doutoramento. A biblioteca é
unha das mais completas de España no seu xénero.
Nos últimos anos, a
dirección do Centro promoveu tamén un amplo número de actividades de
extensión cultural. Preséntase anualmente unha Memoria
de actividades e infórmase os distintos medios de comunicación dos fenómenos
astronómicos que son noticia.
No xardín do Observatorio
existen duas estacións (manual e automática) coas que se obteñen os datos meteorolóxicos
correspondentes a cidade de Santiago de Compostela.
Entre
1991 e 2002 desenvolveuse en convenio coa Xunta de Galicia o proxecto
científico do Observatorio Astronómico de Monte Faro e as súas instalacións
complementarias.
Prof.
Dr.José Angel Docobo Durántez
Catedrático Emérito de Astronomía
|