Castellano    English


 

  
 

   

 


 

PRÓXIMAS ACTIVIDADES en 2020
(Pendentes da vindeira convocatoria)





ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN ASTRONÓMICA EN GALICIA.

 

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolveu nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro de 2019 un amplo conxunto de actividades de divulgación astronómica en distintos concellos polos que transcorre a Ruta Xacobea dentro do proxecto O camiño das estrelas. As estrelas do camiño. O seu propósito é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co feito Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. Ademais, o proxecto adentrará aos participantes no mundo da astronomía mediante charlas e observacións astronómicas nocturnas tanto a simple vista como con telescopios. Este é unha actividade que forma parte do programa O teu Xacobeo financiando pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Participan nas actividades deste programa de divulgación os concellos de Allariz, Arzúa, Barbadás, Barco de Valdeorras, Boqueixón, Fisterra, O Grove, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Ordes, Padrón, Portomarín, Rianxo, Ribadeo, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo e Vedra. Estando aberto a novas incorporacións.




ACTIVIDADES REALIZADAS.

Observación pública no Pico Sacro (Boqueixón), 16 de xullo.

Observación pública na contorna da Igrexa de Vedra, 19 de xullo.

Observación pública na Praza Conde de Fenosa en Portomarín, 25 de xullo.

Observación pública no Paseo Marítimo de Noia, 29 de xullo.

Observación pública no Observatorio Astronómico de Lalín, 30 de xullo.

Observación pública no Paseo da Ribeira (busto de Castelao) en Rianxo, 31 de xullo.

Observación pública no Paseo de Silgar en Sanxenxo, 31 de xullo.

Observación pública na Illa da Toxa (O Grove), 1 de agosto.

Observación pública no Paseo de Silgar en Sanxenxo, 4 de agosto.

Observación pública na Praza de España en Ribadeo, 5 de agosto.

Observación pública no Campamento de Verán de Rianxo, 9 de agosto.

Observación pública no Alto de San Bartolomeu (Santa Comba), 12 de agosto.

Observación pública no Campo dos Brancos en Allariz, 13 de agosto.

Observación pública na Praza de España en Ribadeo, 15 de agosto.

Observación pública no Paseo Marítimo de Noia, 19 de agosto.

Observación pública en Buscás (Ordes), 20 de agosto.

Observación pública no Campo dos Brancos en Allariz, 21 de agosto.

Observación pública na Praza do Concello en Mondoñedo, 22 de agosto.

Observación pública no Paseo de Silgar en Sanxenxo, 23 de agosto.

Observación pública no campo do Souto en Padrón, 26 de agosto.

Observación pública xunto ao Albergue de Peregrinos de Poulo (Ordes), 27 de agosto.

Observación pública na Praza da Compañía en Monforte de Lemos, 28 de agosto.

Observación pública no Paseo da Ribeira (busto de Castelao) en Rianxo, 29 de agosto.

Observación pública no Observatorio Astronómico de Lalín, 29 de agosto.

Observación pública no Alto da Agrela (Teo), 30 de agosto.

Observación pública no Faro de Fisterra, 2 de setembro.

Observación pública ao carón do Pavillón O Cruceiro de Santa Mª en Arzúa, 3 de setembro.

Observación pública no Pico Sacro (Boqueixón), 5 de setembro.

Observación pública na Capela do Santiaguiño en Vedra, 6 de setembro.

Observación pública xunto ao local social en Barbeiros (Ordes), 8 de setembro.

Observación pública no Paseo dos Amieiros en A Valenzá (Barbadás), 27 de setembro.

Observación pública no Observatorio Astronómico de Lalín, 28 de setembro.

Observación pública na explanada da festa no Malecón no Barco de Valdeorras, 5 de outubro.

Visita didáctica ao Observatorio de alumnos do IES Pontepedriña (Santiago), 7 de outubro.

Sesión de observación no IES Macías o Namorado (Padrón), 8 de outubro.

Mes da Astronomía na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, 7, 21 e 28 de outubro.