Programa: A VÍA LÁCTEA E OUTROS MOTIVOS XACOBEOS DO CAMIÑO (O TEU XACOBEO)
ACTIVIDADES DE ASTRONOMÍA NOS CONCELLOS NO VERÁN DE 2022
Ao igual que xa aconteceu en anos anteriores con múltiples sesións astronómicas para todos os públicos, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela organiza no presente verán, dentro do XACOBEO 21-22, o programa de divulgación A VÍA LÁCTEA E OUTROS MOTIVOS XACOBEOS DO CAMIÑO (O TEU XACOBEO).
Por unha banda, expertos do OARMA achegaranse a diversas localidades galegas para realizar presentacións sobre temas astronómicos de interese e seguidamente levar a cabo observacións a simple vista de recoñecemento de constelacións, identificación do chamado triángulo de verán, e mesmo da Vía Láctea, e tamén observacións con telescopios de planetas, estrelas dobres, nebulosas, cúmulos estelares, etc. Todo elo acompañado de comentarios sobre as características físicas dos obxectos a visionar, mitoloxía, anécdotas, etc. co obxecto de poder completar á vez unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas e ao mesmo tempo disfrutar con seguridade das nosas fermosas noites de verán.
Ademais das actividades astronómicas, realizaranse unha serie de conferencias a cargo dunha doutora en Historia da Arte sobre os rasgos e motivos xacobeos existentes nas vilas, igrexas, mosteiros, etc. por onde pasan as distintas rutas cara a Compostela.
O programa vaise levar a cabo nos meses de agosto, setembro e outubro nas seguintes localidades:
SETEMBRO
Biblioteca Pública Ánxel Casal, Santiago de Compostela, 3
CONFERENCIAS SOBRE HISTORIA DA ARTE
SETEMBRO
OUTUBRO
Chantada, 7
San Cristovo de Cea, 10
Dozón, 14
Palas de Rei, 14
Lalín, 20
No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan desfavorables nalgún día concreto, a correspondente sesión astronómica será adiada e de seguido fixarase outra data.
O equipo que se vai encargar do desenvolvemento do programa, está formado por:
José Ángel Docobo Durántez (Director), Pedro Pablo Campo Díaz, Xabier Pérez Couto, María Brea Mato, Jorge Gómez Crespo (Astronomía) e Cecilia Doporto Regueira (Historia da Arte).