Lecture

Relatorio: «Unha breve guía de supervivencia para mozos investigadores»

12-12-2018

Salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE)

Miércoles 12 de diciembre - 11:30


O Salón de Actos da ETSE acolle o vindeiro mércores 12 de Decembro un relatorio do Prof. Fernando P. Cossío, centrado nos aspectos relacionados coa carreira investigadora. A conferencia abordará este proceso non só na súa vertente técnico-científica senón tamén no contexto social, cultural e político. Mencionaranse temas relevantes para o avance profesional dos mozos investigadores, tales como as publicacións, as patentes, a relación entre o avance da investigación e as crises sociais e económicas, así como as características da I+D básica e aplicada. Finalmente, tamén se informará aos estudantes acerca dos aspectos fundamentais da ética da publicación científica.

Sobre o relator

O Prof. Fernando Cossío é Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Zaragoza (1982). Doutor en Ciencias Químicas pola UPV/ EHU (1986). Catedrático de Química Orgánica da UPV/ EHU. Foi Decano da Facultade de Ciencias Químicas/Kimika Fakultatea (1999-2001) e Vicerreitor de Investigación e Relacións Internacionais da UPV/ EHU (2001-2003). Desde 2009 é Director Científico de Ikerbasque, a Fundación vasca para o avance da ciencia. Autor de 230 publicacións internacionais, 11 patentes de invención internacionais e 5 libros). Premios e distincións máis relevantes: Premio Almirall da Sociedade Española de Química Terapéutica (1987), Premio Euskoiker (2005), Medalla Ignacio Rivas da Real Sociedade Española de Química (2011), Premio de Investigación Janssen-Cilag España da Real Sociedade Española de Química (2013).