23/07/2020
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) fai un recoñecemento aos dous proxectos de desenvolvemento de vacina Covid-19 que se están levando a cabo no CiQUS. Os grupos de José Martínez-Costas e de Javier Montenegro suman así apoios desde esta institución de referencia e longa tradición en Galicia que promove a ciencia, a tecnoloxía e a súa influencia na sociedade. “A Ciencia con Galicia na crise da Covid-19” deu nome onte en Compostela ao acto conmemorativo de recoñecemento a 20 proxectos que contribúen desde Galicia, e desde diferentes ámbitos de actuación, a atenuar os efectos do coronavirus.