Versión en castellano | English version


 
Inicio
Seccións

Información xeral
Membros
Grao
Máster
Doutoramento
Publicacións internas

 

 

Novidades

Máster en Matemática Industrial

 

Alfredo Bermúdez, conferenciante invitado no ICIAM2019

Suma-Te (Blog da Biblioteca da Facultade de Matemáticas da USC): A propósito de André Louis Cholesky por Pilar Mato Eiroa

Conferencia de Cédric Villani "De triángulos, gases, prezos e homes"
https://tv.usc.es/serial/index/ id/539

 



 

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICA APLICADA



O Departamento de Matemática Aplicada está constituído por 27 profesores, que se reparten en dúas Áreas de coñecemento: a Área de Matemática Aplicada, con 23 profesores, e a Área de Astronomía e Astrofísica, con 4 profesores.

•  Área de Matemática Aplicada

A área de Matemática Aplicada imparte docencia nos graos de: Matemáticas, Bioloxía, Química, Enxeñaría Química, Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Robótica e Enxeñaría en Xeomática e Topografía. Tamén está involucrada na docencia nos dobres graos en: Enxeñaría Informática e Matemáticas, Matemáticas e Física, Química e Bioloxía, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Rural, Enxeñaría Civil e Enxeñaría Xeomática e Topografía. En todas elas a ensinanza das Matemáticas busca a integración co resto das materias da titulación mediante a realización de exercicios e aplicacións especialmente adaptadas ao currículum dos estudantes; a maioría delas contan cun curso virtual de apoio á docencia. Particularmente importante é o compromiso da área co grao en Matemáticas.

Esta área participa no Programa de Doutoramento "Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas" polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Este programa, verificado no ano 2013, é unha adaptación á normativa actual dun programa previo do mesmo nome que  contou coa mención de calidade do Ministerio de Educación e Ciencia desde a súa posta en marcha. Asemade, esta área participou e coordinou o "Máster en Enxeñaría Matemática" polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo" dende a súa implantación no curso 2006-2007 ata 2013-2014, e o "Máster en Matemática Industrial" polas Universidades Carlos III de Madrid,  Coruña, Politécnica de Madrid, Santiago de Compostela e Vigo dende a súa implantación no curso 2013-2014 (www.m2i.es).

A área de Matemática Aplicada participa tamén nos másters  en Matemáticas, Enxeñaría Química e Bioprocesos, Investigación Biomédica, e Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable.

Dentro desta área conviven tres grupos de investigación especializados na resolución numérica de ecuacións en derivadas parciais, con especial énfase na modelización, a análise matemática e a resolución numérica de fenómenos procedentes da Enxeñaría e as Ciencias Aplicadas. En particular, a área desenvolveu contratos e proxectos de investigación en ámbitos tan diversos como Metalurxia, Mecánica de Sólidos, Enerxía, Medioambiente, Acústica, Novos Materiais, Mecánica de Fluídos, Automoción, Finanzas e Biosanitaria.

•  Área de Astronomía e Astrofísica  

Os estudos e máis as investigacións sobre Astronomía teñen unha gran tradición na Universidade de Santiago de Compostela, estando ambos vinculados á existencia do Observatorio Astronómico (https://www.usc.es/astro), o cal cumpre 75 anos  en 2018.

A Sección de Astronomía Teórica e Matemática "Durán Loriga" creada dentro do Observatorio en 1945 á que pertenceron entre outros os profesores Aller Ulloa, Vidal Abascal e Gacía-Rodeja deulle un importante pulo ás investigacións matemáticas na nosa universidade, o tempo que pode considerarse o xerme a partir do cal xurdiría anos máis tarde a Sección de Matemáticas dentro da Facultade de Ciencias, na actualidade, Facultade de Matemáticas.

A cátedra de Astronomía, que ocupara o fundador do Observatorio o Dr. D. Ramón María Aller Ulloa, foi de feito a primeira con que contou dita Sección de Matemáticas.

Despois dun tempo no que a USC non contou con doutores nestas materias, desde 1981 pode dicirse que a situación comezou a normalizarse tanto no que se refire á docencia na Facultade de Matemáticas como ás actividades do Observatorio Astronómico.  

Na actualidade impártese docencia nos Graos de Física, Matemáticas e Óptica, ademais do Máster en Matemáticas (Campus de Santiago de Compostela), e no Grao de Enxeñaría en Xeomática e Topográfía (Campus de Lugo). 

Así mesmo, desde a creación do IV Ciclo Universitario, en 1997, explícase a materia de Astronomía da que é desde entón coordinador o profesor J.A. Docobo no Campus de Compostela. Hoxendia impártese asi mesmo docencia do IV Ciclo no Campus de Lugo. Tamén desde hai 21 anos organízase o Programa de Extensión Cultural de Astronomía (www.usc.es/pecas), dirixido a tódala comunidade universitaria e público en xeral, convalidándose 1 crédito ECTS.

O persoal da Área, xunto con outros investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller constituie o equipo investigador OARMA que figura no catálogo de grupos de investigación da USC co código GI-1565.

Subir

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00