Repensar o rural a través de múltiples olladas e dende diversas formas de facer e pensar o medio rural é o obxectivo do encontro, que xurde como un espazo de discusión critica que nos permita pensar que alternativas estanse dando ou poden dar no medio rural, para que este siga sendo ese lugar cheo de vida. A cita terá lugar na Sala de prensa do Concello de Lalín o venres 13 de novembro a partir das 10:00 da mañá.
A través deste Encontro preténdese apelar a: Que estamos facendo dende o medio rural para respostar aos reptos aos que nos enfrontamos no s. XXI?, e como podemos imaxinarnos o futuro que esta por vir? Así lanzouse unha Open Call aberta á participación de todos e todas as interesadas e interesados co fin de poder partillar as diferentes formas de vivir e pensar o medio rural. Dun total de 25 propostas de presentacións foron seleccionadas 16, que en palabras do coordinador da rede, o catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, “son unha mostra ampla do caracter innovador do medio rural e da capacidade de repensar outras formas de habitar o mesmo”.
A rede ReVOLTA está composta por sete Grupos de Investigación que, en Galicia, e dende ámbitos disciplinares diversos (Economía Ecolóxica; Historia Ambiental; Enxeñería Rural e Ordenación do Territorio; Economía Agraria), convoca este encontro co obxectivo de abrir á investigación ao conxunto da cidadanía.
O Encontro está aberto ao público interesado, para inscribirse é preciso enviar un email a rede.revolta@usc antes do 12 de novembro.
Estrutúrase en catro mesas, a primeira en torno á innovación e a resilencia, contará coa presenza de Manuel López Pérez da IXP Castaña de Galicia quen analizará A IXP Castaña de Galicia. Estado actual e novos reptos; posteriormente Elisa Otero Rozas falará sobre A volta ao campo dende unha mirada socio ecolóxica; Jose Manuel Andrade abordará a Innovación no rural desde a iniciativa privada: A Fundación Juana de Vega e por último Ultra_alimento falará arredor do O ultramarinos que leva ao extremo o poder do alimento.
Na Mesa Comunidades contarase coa presenza Colectivo Cultural Ollomao quen explicará A Universidade Rural de Barreiros; a Asociación ambiental Petón do Lobo analizará A microeconomía da paisaxe e do territorio. O empoderamento das comunidades locais para decidir sobre o seu territorio. O patrimonio estará presente tamén a través de Ana María Enriquez de Arquivolta Rural, quen falará sobre o Proxecto cultural para cultivar e transmitir o Patrimonio & as paisaxes das comunidades rurais. E por último nesta mesa, Miguel Pardellas, do Proxecto Batefogo disertará sobre a Prevención de lumes forestais a través da intervención social.
Xa pola tarde na mesa de subxectividades Asociación Maisdetres falará arredor de Asociación Maisdetres: Necesidades persoais e crenzas colectivas nun rural imaxinado actual, Ángel Amaro Quintas sobre Tecendo coeducación rural pra erradicar as Violencias Basadas no Xénero (VBX): despatriarcalizando aldeas e parroquias dende unha óptica decrecentista e comunitaria; Marlene Anaya O Rural Imaxinado…como podemos imaxinar un futuro que está por vir? cunha especial incidencia no ámbito da política educativa, ao igual que Alicia Pardo, quen abordará a cuestión do: No camiño doutra política educativa.
E na última mesa, a de Outras Economías, Cestola na Cachola analizarrá a potencialidade de Traballando en rede: economía social e solidaria desde a pintura; Raul Rios Rodríguez falará sobre Os circuitos curtos de comércio de alimentos na Galiza atual: A difícil construçom de alternativas ao sistema agroalimentário convencional; Manuel Cebral Loureda do Alg-a Lab falará Ver medrar a natureza; e por último contarase coa presenza de Marcos Besada Álvarez do Espazo Agroecolóxico A Estruga Creación e xestión dun centro de recursos, aprendizaxe e investigación no medio rural. Unha perspectiva dende a xerra do Xistral.
O Encontro será retransmitido por streaming e os vídeos disponibilizaranse na canle da Rede reVOLTA en you tube.
Web ReVOLTA
Evento en Facebook
Palabra chave: #ruralimaxinado
Twitter: @rederevolta
Programa completo (pdf)
Cartaz (jpg)