Liñas de investigación

1. Economía agroalimentaria:

-Dinámica das explotacións agrarias e adaptación aos cambios dos mercados e as políticas agrarias.
-Estrutura das explotacións e sistemas produtivos no bovino de leite e carne.
-Estrutura e dinámica dos mercados agrarios; organización e funcionamento da cadea láctea.

2. Políticas agrarias, desenvolvemento rural e economía ambiental:

-Procesos de axuste estrutural na agricultura; a problemática do abandono de terras.
-As reformas da Política Agraria Común e o seu impacto na agricultura galega e española.
-Distribución das axudas públicas á agricultura en España e Galicia.
-Políticas de desenvolvemento rural en Europa e América Latina.
-Impactos ambientais da actividade agraria.

3. Economía pública, economía rexional e cooperativismo:

-Análise do cooperativismo en Galicia.
-O sistema de financiamento autonómico; facendas rexionais e locais.
-Xestión financeira pública: orzamento público e xestión por resultados, reformas orzamentarias, regras e transparencia fiscais.
-Cambios demográficos e consecuencias económicas: migracións; sustentabilidade dos sistemas de pensións; efectos económicos do despoboamento.
-Avaliación do impacto económico do turismo a través da análise input-output.