Seis propostas para o sector lácteo galego

Edelmiro-635x350

O Foro Económico de Galicia realizou seis grandes propostas para mellorar o emprego e a aportación de riqueza do sector lácteo galego, no estudio O complexo lácteo galego nun mercado liberalizado. Estratexias e políticas ante a desaparición do sistema de cotas na UE, asinado por Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada da USC e coordinador de ECOAGRASOC.

As propostas, presentadas o 10 de novembro, inclúen a incentivación de investimento privado para aumentar a industria transformadora e a súa innovación e marca en Galicia; o aumento dun 40% da superficie rústica dedicada ás explotacións leiteiras; a redución da dependencia dos pensos; e o fomento das cooperativas de produción leiteira organizadas.

O estudio recolle que Galicia é unha das principais rexións europeas en produción (e a primeira de España, con grande diferenza), e unha das últimas en peso cooperativo: só un 7% da produción está organizada en cooperativas, fronte ao 97% de Irlanda, o 70% de Alemaña ou o 40% de Francia.

Ver documento (pdf)