Luciano Concheiro Bórquez impartirá o seminario ‘Tierras y territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana’

concheiro

O profesor Luciano Concheiro Bórquez, do Departamento de Produción Económica da Universidad Autónoma Metropolitana-Xochimilco (Mexico), impartirá o seminario ‘Tierras y territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana’, organizado polo grupo de investigación ECOAGRASOC no marco do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. O evento terá lugar o próximo venres 5 de febreiro ás 12:00 horas, na aula 27 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Luciano Concheiro Bórquez está especializado no estudo das políticas de desenvolvemento rural, na análise do mercado de terras e nos movementos labregos de México. Investigou temáticas como a relación Estado – Campesiños en México ou a estrutura agraria en Chiapas após o levantamento zapatista de 1994.