Xornada ‘O leite en Galicia, e agora que?’

CartelDEF

O grupo de investigación ECOAGRASOC colabora na organización da xornada ‘O leite en Galicia, e agora que?’ que decorrerá na mañá do próximo 26 de febreiro no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (USC) entre as 9:15 e as 14:00 horas.

O sector lácteo é o motor do territorio no Noroeste de España. Nas últimas décadas foi experimentando fortes transformacións nos ámbitos produtivo, organizativo e industrial. A partir do ano 2015, coa desaparición da cuota láctea, ábrese unha nova etapa de incertidume. A pretensión do IDEGA, organizador deste evento, é aportar as distintas visións de destacados poñentes do sector, coa mirada posta na necesidade de adaptación ao novo contexto.

Xunto a ECOAGRASOC, tamén colaboran na organización desta xornada o grupo de investigación PROEPLA (USC), FEIRACO, Central Lechera Asturiana, Quescrem e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).

A inscrición é de balde e pode realizarse na seguinte ligazón.

Programa e horario:

09:15 Apertura

09:30 Posta en contexto da situación actual do sector lácteo. Perspectivas.
César Resch
Investigador do INGACAL

10:30 Visión dende unha PEME innovadora
Sergio Martínez
Responsable de I+D+i de INNOLACT

11:30 – 12:00 Pausa café

Visión dende dúas grandes cooperativas

12:00 José Luis Antuña
Director Xeral de FEIRACO

13:00 Francisco San Martín
Director Xeral de Central Lechera Asturiana SAT

14:00 Fin da sesión

Cartaz da xornada (pdf)
Díptico da xornada (pdf)