Os Investigadores da Aldea (Rede ReVOLTA) presentan o libro colaborativo Revoltando á terra

O próximo mércores 27 de xuño ás 19:00 terá lugar a presentación do libro Revoltando á terra no salón de plenos do Concello de Allariz, unha obra coa que se pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural hoxe en día. O coordinador de Ecoagrasoc, Edelmiro López Iglesias, é un dos co-autores do volume. O obxectivo deste libro é tratar de elaborar un novo discurso sobre o mundo rural e/ou agrario galego, coherente e plural á vez, un novo relato para o agro que parte da experiencia común dos oito grupos de investigación participantes na rede REVOLTA de agroecoloxía, da que xorde este traballo. Read more

Aberta a participación para impulsar maquinaría agrícola en código aberto

fedellar-600

O grupo de investigación ECOAGRASOC participante na Rede ReVOLTA (xunto a outros seis grupos de investigación das universidades galegas), o colectivo de creación contemporánea Montenoso, a ONG Enxeñería sen Fronteiras, o colectivo Makers de Lugo, a Asociación Galega de Amigos de Maquinaría Agrícola Clásica , e o Colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco impulsan EU <3 FEDELLAR, unha comunidade de desenvolvedores/as de maquinaría agrícola en código aberto. Read more