Edelmiro López Iglesias modera a mesa dedicada ao sector primario na xornada ‘Evolución recente e perspectivas da Economía Galega’

imagen_destacado_web_jornada_economia__medium

O coordinador de ECOAGRASOC Edelmiro López Iglesias é o encargado de conducir a mesa de debate Sector primario: Agricultura, Pesca e Industria Agroalimentaria no marco da xornada Evolución recente e perspectivas da Economía Galega. O evento, organizado por Afundación (ABANCA) en colaboración co IDEGA (USC), decorrerá o próximo venres 22 de xaneiro en Santiago de Compostela. Read more

O futuro dos MVMC a debate na xornada ‘Montes Veciñais: a titularidade comunitaria no contexto europeo’

A presentación da xornada correu a cargo de Ana Isabel García Arias, subdirectora da EPS e membro de ECOAGRASOC
A presentación da xornada correu a cargo de Ana Isabel García Arias, subdirectora da EPS e membro de ECOAGRASOC

O pasado xoves día 12 celebrouse na Escola Politécnica Superior de Lugo a xornada ‘Montes Veciñais: a titularidade comunitaria no contexto europeo’, organizada polo grupo ECOAGRASOC e coordinada por Marco Rubinos, técnico colaborador da Universidade de Santiago de Compostela. O evento contou coa asistencia de máis de 60 persoas, maioritariamente comuneiros, aínda que tamén persoal técnico das administracións públicas e do ámbito académico.  Read more

Lalín acolle o ‘Encontro Rural Imaxinado: Do presente ao futuro porvir’ organizado pola rede ReVOLTA, da que forma parte ECOAGRASOC

Cartaz-Rural-Imaxinado-300x425

Repensar o rural a través de múltiples olladas e dende diversas formas de facer e pensar o medio rural é o obxectivo do encontro, que xurde como un espazo de discusión critica que nos permita pensar que alternativas estanse dando ou poden dar no medio rural, para que este siga sendo ese lugar cheo de vida. A cita terá lugar na Sala de prensa do Concello de Lalín o venres 13 de novembro a partir das 10:00 da mañá.
Read more

A Escola Politécnica Superior de Lugo acolle a xornada ‘Montes Veciñais, a titularidade comunitaria no contexto europeo’

Cartaz.xornadas.novembrogif

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) acolle o próximo xoves día 12 de novembro a xornada ‘Montes veciñais, a titularidade comunitaria no contexto europeo’. O evento está organizado polo grupo de investigación ECOAGRASOC (Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social) coa colaboración da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (OGCMVMC). Read more

Ana Isabel García Arias participa no 150th EAAE Seminar de Edimburgo

Ana Isabel García Arias participa no 150th EAAE Seminar de Edimburgo

A investigadora de ECOAGRASOC defendeu a comunicación “Agri-environmental schemes and their territorial impact in the North of Spain”, asinada tamén por Diego Avendaño, Fracisco Ónega e Maria do Mar Pérez Fra. Fíxoo no 150th EAAE Seminar, celebrado en Edimburgo os días 22 e 23 de outubro baixo o título ‘The spatial dimension in analysing the linkages between agriculture, rural develpoment and the environment’. Read more