O futuro do medio rural depende do que as persoas decidan facer no presente. Para invertir a dinámica de despoboamento e abandono, cómpre contar cunha correcta diagnose do problema e entender as súas causas. Da mesma maneira, as experiencias de iniciativas dinamizadoras do medio rural xa existentes poden sinalar parte do camiño. Read more
Uncategorized
A Comissão Técnica Independente presenta ante o parlamento portugués o seu relatorio sobre os incendios de outubro
A Comissão Técnica Independente designada pola Assembleia da República de Portugal para avaliar os incendios que tiveron lugar entre 14 e 16 de outubro de 2017, da cal fai parte o profesor Edelmiro López Iglesias, ven de presentar o informe coas súas conclusións perante o lexislativo luso (pdf). Read more
Luciano Concheiro Bórquez impartirá o seminario ‘Tierras y territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana’
O profesor Luciano Concheiro Bórquez, do Departamento de Produción Económica da Universidad Autónoma Metropolitana-Xochimilco (Mexico), impartirá o seminario ‘Tierras y territorios en disputa: México desde una perspectiva latinoamericana’, organizado polo grupo de investigación ECOAGRASOC no marco do Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica. O evento terá lugar o próximo venres 5 de febreiro ás 12:00 horas, na aula 27 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Read more
Álvaro García Corral gaña o Premio Jesús García Calvo coa súa tese sobre as explotacións de bovino de carne en Galicia

Co título ‘Análisis y tipificación de explotaciones de bovino de carne en Galicia mediante un método de control basado en lógica difusa’, a tese de doutoramento de Álvaro García Corral ven de ser galardoada na segunda edición do Premio Jesús García Calvo de investigación en medio rural e cooperativismo, convocado conxuntamente polo IDEGA e Feiraco. Read more