Curso de Verán da USC: ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’

Os grupos de investigación ECOAGRASOC e LABORATE organizan dentro dos Cursos de Verán da USC 2016 as xornadas ‘A política de desenvolvemento rural 2014-2020. Novos e vellos retos para as áreas rurais’. O evento terá lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo durante os días 12, 13 e 14 de xullo, cunha duración de 20 horas lectivas. 

O curso está dirixido polos profesores Edelmiro López Iglesias e Mª do Mar Pérez Fra, exercendo as funcións de secretaría Emilio R. Díaz Varela e Francisco Ónega López. Cofinanciadas pola Deputación Provincial de Lugo, estas xornadas reunirán durante tres días a destacados expertos en materia de desenvolvemento rural tanto do ámbito académico como do asociativo, o profesional ou o das institucións públicas.

Toda a información relativa aos Cursos de Verán da USC, incluíndo prazos e matrículas, está disponíbel nesta ligazón.

PROGRAMA (ver pdf)

Martes 12 de xullo

9:30 Recepción dos asistentes e entrega de documentación

10:00 – 10:30 Inauguración das xornadas
-Representante da Excma. Deputación Provincial de Lugo
-Vicerreitor da USC/ Director da EPS de Lugo
-Edelmiro López Iglesias e Mª do Mar Pérez Fra. Directores das Xornadas

10.30-12.00 Conferencia: A evolución da política de desenvolvemento rural da UE e a súa configuración no período 2007-2013
-Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC

12.00-12.15 Pausa-café

12.15-14.15 Mesa redonda: A aplicación e resultados do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013: un balance provisional
Moderador: Edelmiro López Iglesias. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC
Participantes:
-Jacobo Feijóo. Secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias-UPA
-Xosé Alfredo Pereira. Organización Galega de Comunidades de Montes
Veciñais en Man Común
-Antonio de María Angulo. Presidente de SILVANUS
-Carlos Rodríguez Rodríguez. Técnico de OVICA

14.15 Descanso-xantar

16.15-17.45 Conferencia: O novo deseño da política de desenvolvemento rural da UE no período 2014-2020; o Programa de Desenvolvemento Rural de Asturias.
-Jesús Casas Grande. Director General de Desarrollo Rural y Agroalimentación. Consejería de Desarrollo Rural y Recursos Naturales del Principado de Asturias

17.45-18.00 Pausa-café

18.00-19.30 Conferencia: O Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020
-Patricia Ulloa Alonso. Subdirectora Xeral de Planificación e Coordinación de Fondos. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia

Mércores 13 de xullo

9.30-12:00 Taller: A dinámica recente das áreas rurais en Galicia; principais retos a comezos do século XXI
Coordinador do taller: Emilio R. Díaz Varela. Profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC
O taller consistirá nun proceso de identificación dos retos futuros das áreas rurais en Galicia por parte dos asistentes ás Xornadas, empregando como metodoloxía un Diagrama de Afinidade.

12.00-12.15 Pausa-café

12.15-14.15 Mesa redonda: A posible contribución do PDR 2014-2020 ao futuro do medio rural galego
Moderador: Emilio R. Díaz Varela. Profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC
Participantes: Representantes de organizacións sociais e profesionais que forman parte do Comité de Seguimento do PDR 2014-2020
-Higinio Mougán. Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias
(AGACA)
-Eloi Villada. Sociedade Galega de Pastos e Forraxes
-Roberto Hermida. Presidente de AGCT
-Ana Oróns. Confemadera Hábitat Galicia

14.15 Descanso-xantar

16.15-17.45 Conferencia: A evolución do programa Leader en Galicia e a súa configuración no período 2014-2020
Mar Pérez Fra. Profesora de Economía, Socioloxía e Política Agraria. Departamento de Economía Aplicada da USC

17.45-18.00 Pausa-café

18.00-20.00 Mesa redonda: Balance do programa Leader 2007-2013 en Galicia e perspectivas para o período 2014-2020: a visión dos Grupos de Desenvolvemento Rural
Moderadora: Mar Pérez Fra. Profesora de Economía, Socioloxía e Política Agraria. Departamento de Economía Aplicada da USC
Participantes:
-Jorge Blanco. Xerente do GDR Mariñas-Betanzos
-Antonio Ventura Figueroa. Xerente do GDR Terras de Lugo
-Xosé Manuel Puga. Xerente do GDR O Vieiro-Leboreiro
-Marco Antonio García. Xerente do GDR Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo – Baixo Miño

Xoves 14 de xullo

9.30-11.00 Conferencia: As medidas de apoio á innovación e ao emprendemento na política de desenvolvemento rural da UE e a súa inclusión no PDR de Galicia 2014-2020: os Grupos Operativos EIP
-José Manuel Andrade Calvo. Director da Fundación Juana de Vega e Profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de A Coruña

11.00-11.15 Pausa-café

11.15-13.30 Mesa redonda: O papel das Universidades e Centros de Investigación nas novas medidas de apoio á innovación nas áreas rurais
Moderador: Francisco Ónega López. Investigador do Laborate. USC
Participantes:
-M. Rosa Mosquera Losada. Profesora do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
-Xavier Simón Fernández. Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo
-José Andrés Faíña Medín. Catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea e Coordinador do Posgrao de Xestión Empresarial da Innovación da Universidade de A Coruña
-Gonzalo Flores Calvete. Investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Xunta de Galicia

13.30-14.30 Entrega de diplomas e Clausura das Xornadas
-Representante da Consellería do Medio Rural
-Representante da EPS de Lugo
-Francisco Ónega López e Emilio R. Díaz Varela. Secretarios das Xornadas