O coordinador de ECOAGRASOC Edelmiro López Iglesias é o encargado de conducir a mesa de debate Sector primario: Agricultura, Pesca e Industria Agroalimentaria no marco da xornada Evolución recente e perspectivas da Economía Galega. O evento, organizado por Afundación (ABANCA) en colaboración co IDEGA (USC), decorrerá o próximo venres 22 de xaneiro en Santiago de Compostela.
O obxectivo da xornada é que os expertos e axentes coñecedores dos sectores produtivos máis relevantes da economía de Galicia acheguen as súas valoracións e ofrezan unha visión de futuro e perspectivas a curto e medio prazo. O perfil dos asistentes será o de profesionais dos sectores en cuestión, membros de distintas asociacións empresariais e clústers, ademais de medios de comunicación, profesorado e estudantado das tres universidades galegas.
Na mesa dedicada á análise do sector primario Edelmiro López Iglesias estará acompañado por José Luis Antuña Álvarez, director xeral de Feiraco e presidente da Organización Interprofesional Láctea (INLAC), Javier Touza Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) e Uxío Labarta Fernández, colaborador, columnista e investigador do CSIC.
A xornada terá lugar entre as 9:45 e as 14:30 h. no Centro Obra Social ABANCA, situado na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.
Programa:
(Versión en pdf)
9.45-10.00 h. Presentación
- Gabriel González Eiroa, Director de Banca Minorista ABANCA
- Pedro Otero Espinar, director-xerente de Afundación
- Alberto Meixide Vecino, profesor-investigador da USC e membro do IDEGA
10.00-11.00 h. Primeira mesa sectorial
SECTOR PRIMARIO: AGRICULTURA, PESCA E INDUSTRIA AGROALIMENTARIA
Participantes:
- Edelmiro López Iglesias, profesor-investigador da USC e moderador
- José Luis Antuña Álvarez, director xeral de Feiraco e presidente da Organización Interprofesional Láctea (INLAC)
- Javier Touza Touza, presidente de la Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI)
- Uxío Labarta Fernández, colaborador, columnista e investigador do CSIC
11.00-12.00 h. Segunda mesa sectorial
SECTOR INDUSTRIAL E SECTOR EXTERIOR
Participantes:
- Juan Ares Fernández, profesor-investigador da USC e moderador
- Abel Veiga Copo, director de Internacionalización do IGAPE, Xunta de Galicia
- José Ramón Franco Caaveiro, presidente do Cluster de Enerxías Renovables (Cluergal), e presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra
- Alberto Rocha Guisande, secretario xeral de Cointega-Cluster Galego Textil Moda
12.00-12.30 h. Descanso
12.30-13.30 h. Terceira mesa sectorial
SECTOR SERVIZOS, TURISMO E DISTRIBUCIÓN COMERCIAL
Participantes:
- Aureliano García González-Llanos, investigador e moderador
- Xosé Bangueses García, presidente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO)
- José Juan Durán Hermida, presidente de Portos de Galicia, Xunta de Galicia
- Miguel Pazos Otón, director del Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR), USC
13.30-14.30 h. Cuarta mesa
MERCADO DE TRABALLO E DEMOGRAFÍA
BALANCE E PERSPECTIVAS XERAIS DA ECONOMÍA GALEGA
Participantes:
- Alberto Meixide Vecino, profesor-investigador da USC e coordinador de ‘A Economía Galega. Informe anual’
- Melchor Fernández Fernández, profesor-investigador da USC
- Manuel Ferro Novoa, responsable de Planificación e Estudos, ABANCA
A organización do evento agradece a previa confirmación de asistencia no 986 120 077 ou en relacioninstitucional@afundacion.org